Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade

21 Marzo, 2023

» Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade

 

A asociación Down Vigo organizou durante as últimas semanas varios actos para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebrou onte, 21 de marzo, en todo o mundo. Así, a entidade planificou actos en varios puntos da cidade, coa intención de dar visibilidade á inclusión real e romper os estereotipos que, aínda a día de hoxe, permanecen na sociedade.

O venres 17 de marzo celebrouse o I Desfile Inclusivo, en colaboración con Decathlon, no escenario Vigo Exporta do centro comercial Vialia. Trátase dunha iniciativa solidaria que buscaba sensibilizar acerca dos valores do deporte: cooperación, esforzo e traballo en equipo. Persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais compartiron pasarela con traballadores e traballadoras de Decathlon, para entre todos mostrar que calquera deporte pode ser unha ferramenta de desenvolvemento individual e colectivo.

Fútbol, baloncesto, tenis, sendeirismo, natación, escalada… Todas as modalidades deportivas estiveron representadas na pasarela, que puideron desfrutar todas as persoas que abarrotaron o espazo Vigo Exporta, escenario da iniciativa. Sara, que forma parte da entidade, e Diego, traballador de Decathlon, foron os presentadores dos seus propios compañeiros e compañeiras, e amenizaron o acto xunto ao saxofonista Diego Caride, que durante máis dunha hora ofreceu un concerto de música en directo. Como explicou Sara, “estamos aquí para demostrar que achegamos valor á sociedade e que todos sumamos”.

O proxecto completouse co taller infantil ‘Pinta o teu calcetín’, impartido por Ludiland, no que seis nenos e nenas que asisten á entidade compartiron espazo co resto de cativada do centro comercial para decorar os seus propios calcetíns desemparellados.

Xa o propio Día Mundial da Síndrome de Down inaugurouse na planta baixa do centro comercial Gran Vía a exposición ‘Donde puede ser’, un proxecto colaborativo no que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais dan visibilidade ás diferentes realidades. Así, coa iniciativa dos calcetíns desemparellados explícase de forma moi visual que ningunha persoa é igual a outra e iso é, precisamente, o que nos enriquece como sociedade. A exposición poderase visitar ata o próximo 2 de abril.

 

Entradas relacionadas

A carreira solidaria “Ruta 091” recadará fondos para Down Vigo
8 Novembro, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}