Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

21 Marzo, 2023

» Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

 

Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, que se conmemorou onte en todo o mundo, membros de Teima Down Ferrol deron lectura na Praza de Galicia ao Manifesto pola Promoción da Autonomía Persoal, unha proclama reivindicativa coa que buscan reclamar os seus dereitos.

Tralo alumeado en cor azul e amarelo do Teatro Jofre con motivo desta efeméride, Juanjo, Iago, Ceci e Dani alzaron a súa voz para recordar o moito que aínda queda por facer en materia de inclusión social e para reclamar a fin dos estereotipos e dos prexuízos vencellados ás persoas coa síndrome de Down.

Xeneralizacións como que son todos cariñosos, ou algunhas máis despectivas referidas a que levan unha vida sen aspiracións nin metas ou que representan unha carga familiar, contradinse coa realidade que viven as propias persoas coa síndrome de Down hoxe en día. Elas teñen vidas plenas, cargadas de ilusións e proxectos, e por iso reivindican unha imaxe acorde coa autonomía da que xa gozan e que lles dá acceso a unha vida sen límites.

Xunto cos teimudos e teimudas estiveron diferentes representantes de colectivos políticos, culturais, veciñais e sindicais da cidade.

Ademais do Teatro Jofre e grazas á colaboración do concello, os días 20 e 21 de marzo ilumináronse tamén a fonte del Cantón de Molíns, a rúa Magdalena e os tramos da rúa Terra, a rúa Real e a rúa Rubalcava, que rodean a Praza de Armas.

 

Colaboración co Centro Comercial Odeón

Nesta ocasión, o Centro Comercial Odeón de Narón quixo colaborar con Teima na difusión deste Día Mundial da Síndrome de Down.

Deste xeito, o establecemento está a reproducir durante estes días nas súas pantallas a serie de vídeos curtos “Si me miras, me ves” elaborados pola entidade, cos que buscan concienciar á veciñanza de Narón e Ferrol da importancia da participación social de tódalas persoas e da necesidade de aproveitar unha data sinalada como o Día Mundial da Síndrome de Down para facer ver todo o que queda por avanzar na loita pola inclusión real.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}