Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down

23 Marzo, 2023

» Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down

 

Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down. A Cidade da Cultura, a ponte das correntes en Pontevedra e a ponte romana de Ourense, o teatro Jofre e a fonte do Cantón de Molíns en Ferrol, as casas do concello de Lugo e Santiago de Compostela, a Fonte de Catro Camiños na Coruña e as da Rúa Aragón en Vigo, a pasarela peatonal Tanxurela de Lugo, ou os edificios da Deputación de Lugo e San Caetano en Santiago de Compostela estiveron iluminados de azul e amarelo na tarde-noite do 20 e do 21 de marzo.

 

Implicación dos medios de comunicación galegos

Un ano máis, os principais medios de comunicación do país quixeron implicarse na visibilización das persoas coa síndrome de Down co gallo do 21M.

Televisións, radios e xornais impresos e dixitais deron cobertura aos eventos realizados pola Federación e as súas entidades, ademais de producir reportaxes e diferentes entrevistas.

Ademais, 14 dos principais xornais galegos colaboraron tamén co Departamento de Comunicación de Down Galicia para apoiar as súas campañas. Moitos deles publicaron un anuncio de sensibilización na súa versión impresa, mentres outros, coma Nós Diario, realizaron cobertura sobre as demandas realizadas neste Día Mundial.

 

Participación de centros educativos e universidades

Universidades e centros educativos galegos tamén quixeron colaborar na difusión deste Día Mundial da Síndrome de Down.

Deste xeito, as tres principais universidades galegas, USC, UVigo e Universidade da Coruña, difundiron o vídeo e a cartelaría da campaña da Federación Down Galicia en moitas das pantallas das súas facultades. Ademais, enviaron tamén información por correo electrónico sobre a síndrome de Down e o labor de Down Galicia a gran parte do seu alumnado e profesorado.

Por outra banda, decenas de centros educativos quixeron participar na campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos muchos más” en redes sociais, subindo fotografías co signo +.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola súa banda, enviou a tódolos centros educativos galegos información facilitada pola Federación, na que se achegaban recursos cos que poder traballar a realidade da síndrome de Down nas aulas.

 

Desde a Federación agradecemos a todos e todas elas a súa fundamental colaboración para a eliminación dos prexuízos asociados á síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}