Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual

31 Maio, 2023

» Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual

 

Este mes de maio finaliza con moi boas novas no Movemento Down de Galicia, xa que a empresa Cafés Candelas acaba de contratar de xeito indefinido a una persoa usuaria da asociación Down Lugo.

Así, desde o pasado día 15, o departamento de loxística da empresa lucense conta cun novo mozo de almacén, que se está a encargar de distintas tarefas como a preparación de pedidos, a carga e descarga das mercancías ou o mantemento da orde nas instalacións.

Este contrato non foi froito da casualidade, xa que se asinou tras dous meses de prácticas baixo a metodoloxía de Emprego con Apoio, nos que un preparador laboral de  Down Lugo acompañou á persoa usuaria para perfeccionar o desempeño das súas tarefas e funcións e onde o novo traballador demostrou ser brillante na execución das mesmas. Ademais, contouse coa colaboración e a acollida dos compañeiros e compañeiras de almacén, que puxeron todo da súa parte para que a incorporación chegase a bo porto.

Pero o traballo e o esforzo veñen de máis atrás aínda, xa que a formación e a experiencia foron claves para que este mozo conseguise o tan ansiado contrato indefinido. Nove anos con contratos temporais nunha cadea de supermercados e formación no manexo de carretillas elevadoras e traspaletas, así como un desempeño perfecto das súas tarefas, foron claves para a consecución da meta.

Tralo período de prácticas, a directora de recursos humanos e o xefe de loxística da empresa preguntáronlle ao mozo pola súa experiencia e este díxolles que se sentira moi realizado, que era o seu tipo de traballo e que o equipo profesional era estupendo. Desde Cafés Candelas amosaron o seu interese en contratalo e tras unha semana valorando a posibilidade, a oportunidade chegou.

Desde a Federación Down Galicia queremos agradecer a Cafés Candelas a súa confianza no noso programa de Emprego con Apoio e a súa aposta decidida pola inclusión laboral, e tamén destacar a colaboración e o trato excepcional das persoas de recursos humanos e do departamento de loxística da empresa.

Entradas relacionadas

Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo
4 Setembro, 2023
Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo visitan a comarca do Barbanza para dar comezo ao verán
12 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense traballan como azafatos e azafatas no evento polo 50 aniversario de Galfor
28 Xuño, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}