Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Mozos e mozas de Down Lugo visitan a comarca do Barbanza para dar comezo ao verán

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Mozos e mozas de Down Lugo visitan a comarca do Barbanza para dar comezo ao verán

12 Xullo, 2023

» Mozos e mozas de Down Lugo visitan a comarca do Barbanza para dar comezo ao verán

 

Despois de moitos meses agardando este momento, por fin chegou o verán e varios mozos e mozas de Down Lugo decidiron organizar un ano máis as saídas vacacionais das que tanto desfrutan. Este ano, divididos en dous grupos, visitaron a zona da comarca do Barbanza, concretamente a localidade da Pobra do Caramiñal.

O primeiro dos grupos viaxou do 30 de xuño ao 2 de xullo e o segundo a semana seguinte, do 5 ao 7 de xullo.

Na primeira xornada, os viaxeiros e viaxeiras instaláronse no Camping Ría de Arosa I e aproveitaron para visitar Boiro e desfrutar das Festas do Verán, onde puideron pasear polo mercadillo, escoitar música en directo nas rúas da localidade e gozar co ambiente festivo.

Ademais, como contaron con bo tempo durante ambas viaxes, os mozos e mozas achegáronse ata a fermosa praia de Cabío e, aínda que coinciden en que a auga da zona está moi fría, non deixaron pasar a oportunidade de darse un bo baño nas tranquilas augas do areal.

Para completar a viaxe, non faltaron os paseos polas zonas próximas á praia e pola Pobra do Caramiñal, desfrutando das paisaxes e das vistas que ofrece a Ría de Arousa.

E despois duns días inesquecibles, xa só queda organizar a seguinte saída!

Estas actividades, enmarcadas no programa Iniciativa Xove, están subvencionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

 

Entradas relacionadas

Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo
4 Setembro, 2023
Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo e Down Ourense comparten unha xornada de ocio na capital lucense
12 Xuño, 2023
Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual
31 Maio, 2023
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora do seu proxecto de vida independente
29 Maio, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}