Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

2 Outubro, 2023

» Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

 

O pasado venres, persoas vencelladas ás entidades Down de toda Galicia participaron na xuntanza autonómica online de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Este encontro, primeira toma de contacto entre elas, serviu de escenario para a posta en común de diferentes cuestións de interese, como propostas de mellora para as entidades Down, suxestións para aumentar a participación no día a día das mesmas, o intercambio das distintas experiencias vividas ata o momento e a exposición das preocupacións actuais, entre outras.

No remate da xuntanza, os e as participantes coincidiron na necesidade de contar con máis espazos coma este, onde intercambiar ideas, consellos e información, e manifestaron o seu interese en repetir o vindeiro ano.

 

A importancia dos irmáns e irmás

Os irmáns e as irmás das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais son un piar fundamental das súas vidas. Algo que tamén sucede á inversa. Teñen unha posición privilexiada á hora de detectar algunhas das necesidades e reclamos que ten a persoa con discapacidade, e son tamén os principais valedores dos seus irmáns e irmás e quen máis lles impulsan cara a unha vida autónoma e independente.

Deste xeito, é importante contar con grupos de apoio de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, xa que haberá determinados temas ou situacións que outro irmán ou irmá entenderá mellor e ofrecerá outra visión ou punto de vista.

Así, nestes encontros búscase crear vínculos entre irmáns e irmás de persoas con discapacidade intelectual e capacitalos para que se convertan nun referente para a persoa con discapacidade e impulsen a súa autonomía e independencia persoal, nun espazo no que facer oír e valer a súa opinión.

Entradas relacionadas

Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}