Elvia, unha moza de 33 anos pertencente á asociación Down Coruña, comezou a traballar o pasado mes de maio no establecemento que Burger King ten na localidade de Arteixo.
Durante estas semanas, Elvia foi aprendendo as súas tarefas e coñecendo aos seus compañeiros, compañeiras e ás persoas encargadas. O seu progreso foi notable, gañando cada día máis seguridade en si mesma. A súa dedicación e esforzo en cada unha das oportunidades que se lle presentan son destacables, demostrando sempre a súa valía, responsabilidade e constancia no traballo.
Elvia centra as súas xornadas laborais nas fins de semana, sendo unha máis do equipo de traballadores de Burger King Arteixo. Para ela, esta oportunidade laboral é moi importante, xa que lle permite sentirse realizada e útil, ademais de proporcionarlle unha fonte de ingresos.
Desde Down Galicia queremos darlle os parabéns a Elvia por este novo traballo e expresar o noso agradecemento a Burger King Spain pola súa colaboración. Desde o inicio, mostraron unha actitude atenta e disposta con Down Coruña, facendo esta experiencia máis doada e gratificante.