A través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social e Igualdade financiou ao longo deste 2024 parte de varios proxectos que Down Galicia e as súas 7 entidades membro levaron a cabo en todo o territorio galego, así como tamén das inversións en equipamento e acondicionamento dos centros de traballo da Federación e das súas entidades federadas.
Desta forma, as achegas para os distintos programas foron as seguintes:
Liña I – Actuacións no ámbito de familia, infancia e dinamización demográfica
- Encontro autonómico de familias – 26.683,67 €
Liña II – Actuacións de inclusión social
- Ecofriendly21: Itinerario de formación e inclusión sociolaboral – 5.867,05 €
- Itinerarios de inclusión sociolaboral – 40.107,26 €
Liña III – Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade
- Sensibilización – 51.792,96 €
- Apoio psicolóxico – 51.792,96 €
- Estimulación cognitiva – 50.625,80 €
- Ocio e vida saudable – 51.209,39 €
- Accesibilidade – 52.376,55 €
- Apoio e intervención no envellecemento – 54.127,30 €
- Inclusión educativa – 52.376,55 €
- Apoio a familias – 54.127,30 €
Liña – V Actuacións destinadas á xuventude
- Encontros bilaterais de mozos/as Down – 12.688,84 €
- Encontro autonómico persoas adultas/mozas – 11.565,10 €
Grazas a estas achegas, que ascenderon a un total 515.340,73 €, persoas usuarias das entidades Down de Galicia e as súas familias beneficiáronse durante este ano das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro destes programas.
Así mesmo, a Federación Down Galicia contou cunha achega total de 328.706,39 € para levar a cabo varios proxectos de adquisición de equipamento informático e mellora dos recursos materiais nos seus centros de traballo e varias obras de acondicionamento nas propias entidades membro:
Liña IV – Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade
- Obra de adecuación do local do centro de promoción de autonomía de Down Ourense – 150.000,00 €
- Rehabilitación das fachadas de Down Compostela – 51.386,11 €
- Acondicionamento/mellora de centros e vivendas – 49.820,28 €
- Equipamento informático e audiovisual – 77.500,00 €