A asociación Down Pontevedra “Xuntos” vén de asinar dous convenios de colaboración con senllos clubs deportivos da contorna pontevedresa para fomentar a inclusión das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual no eido deportivo.
Por un lado, a entidade comezou a colaborar, ao amparo da Federación Galega de Piragüismo, coa asociación Dragon Boat Galicia, centrada no impulso desta modalidade singular do piragüismo, que ten as súas raíces na China de hai máis de 2.000 anos.
Por outro lado, tamén se asinou un convenio de colaboración co Club de Remo “Ría de Marín”, unha entidade coa que Xuntos leva realizando actividades conxuntas desde hai xa un tempo, como, por exemplo, unha vista ás instalacións que o club deportivo ten na localidade marinense para coñecer máis de preto este completo deporte.
Grazas a estes convenios, fomentaranse actuacións de mutuo enriquecemento e desenvolvemento como a promoción do deporte inclusivo ou a concienciación social sobre a discapacidade, sendo o seu principal obxectivo que as persoas usuarias de Xuntos poidan desfrutar destes deportes xunto a outras persoas que xa os practican.
Moitas grazas!