EDUCACIÓN
FILOSOFIA DO SERVICIO DE INCLUSION EDUCATIVA|| MISIÓNS
1. Actuacións Educativas directas destinadas e orientadas a satisfacer as necesidades específicas dos alumnos/as coa síndrome de Down.
Actuacións do Proceso de Entrada e derivación a servizos -Valoración educativa:
- Recibir e atender as demandas dos usuarios e/ou familias.
- Dar información e orientación sobre a entidade, filosofía e servizos.
- Recoller información dos usuarios: datos persoais, familiares, capacidades e habilidades,…
- Coñecer as preferencias dos clientes respecto ó servizo.
- Elaborar o plan educativo para cada usuario para ofrecer o apoio que cada alumno necesita.
Actuacións do Proceso de Apoio personalizado.
- Elaboración do programa de reforzo en coordinación co centro educativo e familia.
- Desenvolver programas educativos compensatorios que complementen e reforcen a oferta formativa da escola, segundo as necesidades detectadas e as peculiaridades de cada alumno.
- Desenvolver accións para acadar un maior grao de desenvolvemento e autonomía nas persoas con S.D, a través da dinamización de experiencias educativas.
- Seguimento trimestral do programa e avaliación final.
Actuacións sobre os Centros educativos
Actuacións do Proceso de Coordinación con centros e garderías:
- Achegar información ós profesionais do ensino.
- Asesoramento e coordinación cos centros educativos
- Reunións de coordinación.
- Asesorar e colaborar no deseño de estratexias metodolóxicas.
- Resposta a demandas.
- Charlas de sensibilización nos centros educativos.
- Participar na formación de profesionais do ensino.
- Achegar os materiais necesarios.
- Creación dun fondo de recursos materiais.
- Asesorar e colaborar na elaboración de materiais.
- Servir de nexo na continuidade do proceso educativo.
Actuacións sobre os Contextos Familiar.
Actuacións do proceso de Intervención con familias:
- Obter a máxima información sobre as relacións, expectativas e necesidades familiares.
- Responder as demandas e dúbidas solicitadas ou expostas polas familias.
- Apoio ás familias nos diversos problemas ou en relación á educación dos seus fillos/as.
- Traballo da implicación familiar na educación das persoas con síndrome de Down.
- Proporcionar información á familia de forma puntual e regular sobre as actuacións realizadas desde o servizo e os logros educativos dos seus fillos.
- Reunións e intervencións familiares que contribúan a consolidar ou reorientar o plan educativo do usuario.