IMPLANTACIÓN DE APLICACIÓN DE XESTIÓN INTEGRAL DE DATOS

 

cartel-garantia-xuvenil-down-galicia

 

Nome do proxecto: Implantación de aplicación de xestión integral de datos

Contía da achega: 26.716,34€

Breve descrición do proxecto: Coa posta en marcha deste proxecto, a Federación dispoñerá dunha ferramenta de xestión integral dos datos da súa actividade que axilice e simplifique o tratamento e a xestión dos mesmos, permitindo o manexo dos datos que se utilizan a diario cos mellores resultados, tanto dende o punto de vista do servizo ás persoas usuarias, coma dende o propio funcionamento diario da entidade.

Obxectivo xeral do proxecto: Implantar unha aplicación para ofrecer ás persoas implicadas nos procesos de inclusión familiar, educativa, laboral e social das persoas con discapacidade unha ferramenta que facilite e garanta unha atención de calidade na prestación do Servizo de Promoción de Autonomía Persoal que se ofrece ó longo de todo ou seu ciclo vital. Do mesmo xeito, pretende tamén facilitar a xestión administrativa da Federación e dos seus centros de traballo, a través dunha interface, que dea resposta ás necesidades do traballo que se leva a cabo, contando cunha aplicación que xere as consultas e informes precisos para cada actuación.