BANCO DE RECURSOS PARA SUPERAR A BRECHA DIXITAL 

Nome do proxecto: Banco de recursos para superar a brecha dixital de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Contía da achega: 9.600 €

Breve descrición do proxecto: Debido á situación que atravesa o noso país a raíz da pandemia orixinada pola COVID-19, a Federación Down Galicia puxo en marcha unha serie de medidas de carácter extraordinario que garanten que os programas e as actuacións que se estaban executando poidan seguir desenvolvéndose nas mellores condicións posibles, tanto para as persoas destinatarias das mesmas, como para os e as profesionais que as realizan.

Deste xeito, para facilitar o acceso das persoas usuarias aos servizos prestados a distancia polas entidades Down, este proxecto busca adquirir equipamento tecnolóxico co que crear un banco de recursos para o seu préstamo temporal de equipos a aquelas familias que se atopen nunha situación de fenda dixital. Paralelamente, tamén se crea un sistema de concesión de axudas monetarias para os gastos mensuais que supón o acceso a redes móbiles e de datos.

En total, beneficiaranse do proxecto hasta un total de 724 persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, socias das entidades membro da Federación, e 120 profesionais vinculados e vinculadas ao traballo que se desenvolve nos centros de traballo de Down Galicia e das súas entidades membro.

Obxectivo xeral do proxecto: Dispoñer de recursos que permitan levar a cabo unha atención de calidade ás persoas usuarias das entidades Down de forma telemática e a distancia.