FORMACIÓN PRELABORAL E CAPACITACIÓN EN HOSTALERÍA 2018-2019
Nome do proxecto: Formación prelaboral e capacitación profesional no sector de Hostalería para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual
Contía da achega: 17.767,33€
Breve descrición do proxecto: A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado a través do cal se asignarán as accións formativas e recursos de apoio necesarios para mellorar as competencias necesarias para o acceso ao mercado de traballo.
En total, beneficiaranse do proxecto un total de 12 participantes pertencentes a diferentes concellos da área de Santiago de Compostela.
Obxectivo xeral do proxecto: Garantir ás persoas participantes a adquisición e mellora das competencias necesarias para o acceso ao mercado de traballo a través da capacitación profesional no perfil profesional da Hostalería.