FORMACIÓN PRELABORAL EN SERVIZOS XERAIS 2019-2020

Nome do proxecto: Formación prelaboral en persoal de servizos xerais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Contía da achega: 5.205,62 €

Breve descrición do proxecto: A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado a través do cal se asignarán as accións formativas e recursos de apoio necesarios para afrontar unha oposición coas maiores garantías de éxito posible.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 6 participantes pertencentes a diferentes concellos da área de Ourense.

Obxectivo xeral do proxecto: Garantir a adquisición e mellora das competencias necesarias para o acceso ó mercado de traballo a través da capacitación profesional no perfil profesional de servizos xerais que mellore os seus niveis de empregabilidade.