PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
GARANTÍA XUVENIL 2019 – 2020

 

 

CONTÍA DA ACHEGA: 39.248,65 €
Esta axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

 

NOME DO PROXECTO: Envellecemento, formación práctica e xestión de datos de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

 

BREVE DESCRICIÓN DO PROXECTO:

Este proxecto céntrase na execución das seguintes tarefas:

  • Avaliación, seguimento e intervención no proceso de envellecemento e asesoramento a familias
  • Tarefas de formación práctica en empresa para persoas con discapacidade intelectual
  • Xestión das ferramentas utilizadas para o manexo de datos das actividades de Down Galicia e da formación bonificada a profesionais.

 

OBXECTIVOS XERAIS DO PROXECTO:

  • Apoio na promoción do envellecemento activo das persoas adultas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, asegurándolles maiores oportunidades de incrementar, manter e actualizar aquelas competencias que fomenten a súa independencia e autonomía persoal.
  • Formar ás persoas coa Síndrome de Down e discapacidade Intelectual, facilitando a consecución das maiores cotas de autonomía posibles para a súa participación na sociedade como membros de pleno dereito, e dotalas dos instrumentos necesarios para ampliar a súa formación técnica e mellorar así as súas posibilidades de inserción laboral.
  • Xestionar os datos necesarios para ofrecer ás persoas implicadas nos procesos de inclusión familiar, educativa, laboral e social das persoas con discapacidade unha ferramenta que facilite e garanta unha atención de calidade na prestación do Servizo de Promoción de Autonomía Persoal, así como xestionar o crédito de formación das persoas profesionais.

 

RESULTADOS DO PROXECTO:

Grazas a esta axuda, a Federación Down Galicia puido contratar a tres persoas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
As novas traballadoras desempeñarán as súas funcións como axente de desenvolvemento social, formadora de formación para o emprego e analista de xestión e organización nos centros de traballo que Down Galicia ten en Santiago de Compostela e Pontevedra.