• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Educacion (1)

  • Emprego_gal2018

FORMACIÓN PRELABORAL E CAPACITACIÓN EN HOSTALERÍA 2018-2019

Nome do proxecto: Formación  prelaboral e capacitación profesional no sector de Hostalería para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Contía da achega: 17.767,33€

Breve descrición do proxecto: A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado a través do cal se asignarán as accións formativas e recursos de apoio necesarios para mellorar as competencias necesarias para o acceso ao mercado de traballo.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 12 participantes  pertencentes a diferentes concellos da área de Santiago de Compostela.

Obxectivo xeral do proxecto: Garantir ás persoas participantes a adquisición e mellora das competencias necesarias para o acceso ao mercado de traballo a través da capacitación profesional no perfil profesional da Hostalería.