PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
GARANTÍA XUVENIL 2018 – 2019

CONTÍA DA ACHEGA: 40.074,51 €
Esta axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

NOME DOS PROXECTOS:
– Implantación de aplicacións de xestión de datos
– Envellecemento activo

BREVE DESCRICIÓN DOS PROXECTOS:
– Implantación de aplicacións de xestión de datos
Implantación de aplicacións para a xestión de datos da estrutura e actividade de Down Galicia e da formación bonificada a profesionais.

– Envellecemento activo – Centro de traballo de Pontevedra:
Apoio na avaliación, seguimento e intervención no proceso de envellecemento das persoas usuarias e asesoramento ás familias.

– Envellecemento activo – Centro de traballo de Ferrol:
Apoio na coordinación autonómica das actuacións do servizo de envellecemento activo.

OBXECTIVO XERAL DOS PROXECTOS:

– Implantación de aplicacións de xestión de datos
Implantar aplicacións de xestión de datos para ofrecer ás persoas implicadas nos procesos de inclusión familiar, educativa, laboral e social das persoas con discapacidade unha ferramenta que facilite e garanta unha atención de calidade na prestación do Servizo de Promoción de Autonomía Persoal, así como xestionar o crédito de formación das persoas profesionais.

– Envellecemento activo – Centro de traballo de Pontevedra:
Apoio na promoción do envellecemento activo das persoas adultas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, asegurándolles maiores oportunidades de incrementar, manter e actualizar aquelas competencias que fomenten a súa independencia e autonomía persoal.