Áreas:: Atención Temperá

ATENCIÓN TEMPERÁ || EDUCACIÓN || FORMACIÓN E EMPREGO
VIDA ADULTA E INDEPENDENTE || COMPLEMENTARIA E TRANSVERSAL

 

Atención temperá

Atención temperá

O programa de Atención Temperá favorece o desenvolvemento motor, cognitivo, social e da linguaxe nos bebés coa síndrome de Down e discapacidade intelectual nos seus primeiros anos de vida, ao tempo que apoia e orienta aos pais e nais pra fomentar a súa autonomía na contorna familiar.

Para garantir o éxito deste programa traballamos para acadar unha verdadeira implicación da familia, principal apoio e medio de estimulación do neno ou nena, ademais do seu principal vínculo co mundo que os rodea. Todas as entidades Down de Galicia traballamos da man de expertos profesionais para asegurar a excelencia na atención aos máis pequenos e o seu adecuado desenvolvemento psicomotor, cognitivo, lingüístico e socio-afectivo.

Programas

Acollida
Atención temperá
Coordinación coa contorna.

 

ATENCIÓN TEMPERÁ || EDUCACIÓN || FORMACIÓN E EMPREGO
VIDA ADULTA E INDEPENDENTE || COMPLEMENTARIA E TRANSVERSAL