ATENCIÓN TEMPERÁ || EDUCACIÓN
FORMACIÓN E EMPREGO || COMPLEMENTARIA E TRANSVERSAL
ÁREAS :: VIDA ADULTA E INDEPENDENTE
Desde o Movemento Down Galicia defendemos a vida independente como un dereito fundamental para todas as persoas. Para iso, baseámonos na liberdade para a toma de decisións sobre a vida propia e a capacidade para decidir como, cando e con quen quere vivir cada persoa.
As persoas con discapacidade intelectual, e particularmente as persoas coa síndrome de Down, deben ser preparadas desde idades temperás para exercer e gozar deste dereito fundamental.
Na área de Vida Adulta ofrécese unha oportunidade de emancipación con apoio a persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual que desexen vivir soas, en parella, ou con outras persoas e, que deste xeito, adquiran o control sobre a súa propia vida.
Programas:
- Autoxestión
- Formación para a vida adulta
- Apoio á vida independente
- Afectividade e sexualidade