UN EVENTO ÚNICO PARA UN ANIVERSARIO IRREPETIBLE
DE VACAS
Tras actuar este verán en moitos dos grandes festivais do país, De Vacas chega á “Festa pola Inclusión” para facernos bailar e rir a partes iguais.
Mestura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos.
Escoita aquí o seu temazo “Amodiño”
LUCÍA PÉREZ
A lucense Lucía Pérez, representante de España no Festival de Eurovisión do ano 2011, ven disposta a namorarnos coa súa preciosa voz.
Na “Festa pola Inclusión” levantará ao público do seus asentos con temas tan coñecidos como “Que me quiten lo bailao” e emocionaranos coas cancións do seu novo disco “Quince Soles”.
CORO DA RÁ
O Coro da Rá é unha agrupación vocal a cappella que utiliza o teatro e a performance para cantar en calquera situación e ubicación. O seu repertorio musical vai do soul ó blues, do jazz á samba e ata á música étnica.
Escoita aquí a súa interpretación de “Bohemian Rhapsody”
MAGO RAFA
A ilusión e as sorpresas nesta “Festa pola Inclusión” veñen da man do Mago Rafa.
Desde os seus inicios alá polo ano 2000, este ilusionista busca unha nova maneira de facer maxia, onde a presentación é o elemento clave do éxito.
Estades preparad@s para quedar coa boca aberta?
Descubre aquí un dos seus impresionantes trucos
Vén á Festa pola Inclusión e colabora con Down Galicia por tan só 10€!!
Entradas xa á venda!
Consulta aquí onde podes mercalas.
Máis información sobre o evento conmemorativo do 20 aniversario de Down Galicia neste enlace.
Facer realidade a verdadeira inclusión #EstáNaTúaMan.
Esperámosvos!