O 80% dos mozos e mozas das entidades Down en Galicia aproban as oposicións convocadas pola Administración central

Un total de 31 persoas pertencentes ás entidades Down en Galicia aprobou o exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual, o que supón un 77,5% de aprobados en relación ó total de presentados (40). Esta proba, que se celebrou o pasado 11 de xuño na Facultade de Ciencias…

Fundación Repsol apoia a inclusión educativa do alumnado coa síndrome de Down

A Fundación Repsol, a través da iniciativa “Más que palabras” colabora con 6.000 euros no desenvolvemento do proxecto “Unha escola para tod@s: inclusión educativa de alumnos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia leva a cabo a través das súas entidades membro. O seu principal obxectivo é promover e facilitar a inclusión…

Down Pontevedra “Xuntos” asina un acordo de colaboración con Multiópticas Gómez Lor

Down Pontevedra “Xuntos” asinaba a pasada semana un novo convenio colaboración cunha empresa da cidade do Lérez. Trátase de Multiópticas Gómez Lor, que conta con dous puntos de atención ó público nas rúas Michelena e Sagasta. Mediante este acordo, as persoas usuarias da Asociación poderán gozar de vantaxes en optometría, gafas graduadas e de sol,…

Fundación Iberdrola España apoia a inclusión socio-laboral de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Fundación Iberdrola España, a través da súa Convocatoria 2015 de Axudas Sociais, aporta 40.000€ ao proxecto “Talento profesional: Emprego con apoio para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia desenvolve nos seus 7 centros de traballo nas principais cidades galegas (Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo), estendendo así…