Down Galicia e a Asociación Lectura Fácil asinan un convenio para promover a inclusión de persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia e a Asociación Lectura Fácil asinaron recentemente un convenio de colaboración polo que as dúas entidades se comprometen a desenvolver actividades de interese mutuo co obxectivo de promover a inclusión das persoas en risco de exclusión social, entre as que se atopan as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades…

Dous mozos de Down Vigo realizan prácticas laborais internacionais nun hotel de Milán

Prácticas laborais no estranxeiro? Samuel Molanes e Isaac Fernández, dous mozos membros de Down Vigo, acábannos de demostrar que é posible. Grazas ao programa europeo Valuable Network, ambos puideron viaxar ata a capital italiana da moda para adquirir coñecementos e experiencias no campo da hostalería. Durante as últimas tres semanas, o Hotel Meliá Milano foi…

Matriuska Producciones abre as portas do audiovisual a persoas usuarias do Programa de Emprego con Apoio

O pasado mes de xuño, Matriuska Producciones e Down Pontevedra Xuntos asinaron un convenio de colaboración co fin de promover a inclusión socio-laboral en contornas ordinarias de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Grazas a este acordo, Xiana Moreira Barbosa, participante do Programa de Emprego con Apoio que promove a entidade Down…

Down Galicia lanza un folleto informativo con recomendacións sanitarias para persoas adultas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia vén de editar un folleto informativo que recolle as principais recomendacións sanitarias para as persoas adultas coa síndrome de Down. Neste tríptico, as persoas pertencentes ao colectivo e as súas familias poderán informarse de maneira moi sinxela e visual sobre a periodicidade de atención, revisión e vacinación en maiores de 18…

Down Lugo inaugura unha mostra fotográfica na Biblioteca Municipal de Viveiro

Fotografía: Alberto López Down Lugo inaugurou onte en Viveiro a mostra fotográfica “Enfocando historias”, un proxecto levado a cabo por persoas usuarias da asociación en colaboración co voluntariado da Fundación Telefónica e ASTELU (Asociación Senior Telefónica de Lugo). “Enfocando historias”, dirixido pola fotógrafa Aleksandra Dmitrieva, estivo realizado en catro fases. Nun primeiro momento, as persoas…

Down Vigo e o Grupo Nueva Pescanova colaborarán pola inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O director de RSC do Grupo Nueva Pescanova, Ángel Matamoro, xunto a Marta Otero, directora do Centro Industrial de Chapela pertencente ao Grupo, e a presidenta de Down Vigo, María del Carmen López, asinaron onte un convenio de colaboración co fin de conseguir a total inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down ou outras…

O Congreso dos Deputados recoñece o dereito a votar de 100.000 persoas con discapacidade intelectual

Esta mañá vivimos un fito histórico na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade: a aprobación da reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) que permitirá eliminar a posibilidade de que, nos procedementos de incapacitación legal, os xuíces poidan privar do dereito de voto a determinadas persoas por motivos asociados á súa discapacidade.…