O composto nutritivo que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down chegará ás farmacias no mes de xuño co nome FontUP

As máis de 400 persoas que se deron cita no II Encontro de Familias organizado por Down Galicia puideron coñecer de primeira man a próxima comercialización dun complemento alimenticio que contén epigalocatequina galato (EGCG), unha sustancia natural presente no té verde que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down. Baixo o nome…

As orientadoras laborais de Down Galicia asisten á xornada informativa do Servizo público de emprego

Neste encontro, que se celebra anualmente, o persoal dos centros colaboradores do servizo público de emprego de Galicia coñece as novidades postas en marcha pola Consellaría de Traballo, así como cuestións técnicas e loxísticas que lles poidan afectar no desenvolvemento da súa actividade profesional. A xornada, que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións…