Down Pontevedra – Xuntos asina un convenio de colaboración coa SD Teucro para promover a inclusión social

A Asociación Down Pontevedra – Xuntos e a Sociedade Deportiva Teucro asinaron estes días un convenio de colaboración co obxectivo de promover a inclusión social das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Deste xeito, persoas usuarias da área de vida adulta da asociación pontevedresa participarán en labores organizativas e de apoio dentro da…

Membros de Xuntos participan no programa de cultura urbana Hefesto 2013

Hefesto 2013 é un programa da Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra que une cultura urbana e discapacidade. A través deste proxecto, 60 persoas con discapacidade participarán en actividades propias da cultura urbana que, habitualmente, non forman parte do seu ocio. Poderán gozar así da cultura moteira, o breakdance ou a gravación de…

Os baristas de Down Compostela demostran as súas habilidades ante a prensa

Nove mozos de Down Compostela, divididos en dous equipos, demostraron esta mañá as súas habilidades como baristas ante os medios de comunicación. Neste encontro coa prensa, os participantes realizaron un “simulacro” da competición que realizarán o vindeiro domingo no Pazo de Lestrove, onde se celebrará o II Campionato de Baristas dirixido a persoas coa síndrome…