Maratón inclusiva para celebrar o Día Mundial da Síndrome de Down

O acto institucional celebrado por Down Galicia para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down incluíu unha maratón de lectura inclusiva na que participaron persoas coa síndrome de Down de diferentes puntos de Galicia, así como alumnos e alumnas dos colexios composteláns Antón Fraguas, Ramón Cabanillas e Compañía de María. Esta maratón estivo apadriñada…

Adrián Maside álzase co Nacional de tenis de mesa

Membro de Down Lugo e xogador do clube Dez Portas, Adrián Maside Fernández proclamouse campión nacional júnior de tenis de mesa para persoas con discapacidade intelectual. Conseguiu esta clasificación en categoría de dobres mentres que en individuais se proclamou subcampión. O deportista, de 17 anos de idade, abordou distintas modalidades deportivas antes de decantarse definitivamente…