Dous mozos de Down Coruña comezan a traballar en Esco Expansión

Xoel Pardo Pazó e Samuel Martínez Ares, dous mozos coa síndrome de Down usuarios da asociación Down Coruña, acaban de incorporarse ao equipo de traballo de Esco Expansión, firma especialista na recuperación e cobranza de débedas. Tras formarse como auxiliares de servizos xerais de administración, Xoel e Samuel desenvolverán o seu traballo nesta empresa como…

A Xunta subvencionou a contratación de nove persoas para postos técnicos durante o último período en Down Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, financiou con 161.259,38 € a contratación de nove persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2020-2021 para cubrir distintos postos de carácter técnico en varios dos centros de traballo da Federación Down Galicia. Mediante estas contratacións de xornada parcial durante un ano…

Sprinter colabora con Down Galicia na inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

A Federación Down Galicia e Sprinter Megacentros de Deporte S.L. acaban de asinar un convenio de colaboración que ten por obxectivo a formación teórico-práctica e a inclusión no mercado laboral ordinario das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais na comunidade. Este acordo céntrase concretamente na realización por parte das persoas usuarias das…