A comisaria europea de Dereitos Humanos advirte a España que non pode privar do dereito ao voto ás persoas con discapacidade

A comisaria europea de Dereitos Humanos do Consello de Europa, Dunja Mijatovic, advertiu de que España non pode privar do dereito ao voto ás persoas con discapacidade intelectual, apoiando así a postura de María del Mar Caamaño, a nai de Mara, que recorreu ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TDHE) a sentenza do Tribunal…

Mozos e mozas de Down Compostela fórmanse nun obradoiro de cociña fría e catering

Quince mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da Fundación Down Compostela están a participar no curso “Cociña de pratos fríos e catering” que organizan a entidade social e a Asociación Terras de Compostela. Durante noventa horas, estes mozos e mozas adquirirán coñecementos sobre a elaboración de almorzos, canapés e pinchos,…

Ibercaja colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

A Obra Social de Ibercaja, a través da súa Convocatoria 2017 de Proyectos sociales, colabora co proxecto “Síndrome de Down e envellecemento: unha nova situación que afrontar” que Down Galicia desenvolve nos seus 7 centros de traballo nas principais cidades galegas (Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), estendendo así a súa actuación…