O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia supera o millar de accións para máis de 230 persoas usuarias de entidades Down

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.145 accións de orientación para un total de 232 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. O balance está encadrado entre febreiro de 2019 e xaneiro de 2020, no caso das profesionais de orientación das provincias…

Dúas curtametraxes de Down Coruña entre as finalistas do Diversimacine 2020

A asociación Poten100mos, organizadora do Festival Diversidarte e do Concurso de curtametraxes Diversimacine de A Coruña, comunicou a semana pasada a Down Coruña que dúas das pezas presentadas pola entidade ao certame forman parte do grupo de 10 finalistas. “Descoñecidas” e “Incomunicadas” destacan desta forma entre as máis de 100 curtametraxes presentadas. Chega agora a…

Carmen Brage, usuaria de Teima Down Ferrol, asina o seu contrato como celadora do Sergas

Tras uns meses de espera pola situación xerada pola COVID-19, Carmen Brage Eibe, unha muller con discapacidade intelectual membro de Teima Down Ferrol, asinou por fin esta mañá o contrato que a converte en funcionaria do Servicio Galego de Saúde. Nunhas semanas comezará a súa andaina como celadora no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol tras…

A Consellería de Política Social colabora con varios programas formativos da Federación

A través das subvencións destinadas ao desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Política Social financiou parte das cinco accións formativas levadas a cabo por Down Galicia entre 2019 e 2020. Estas actuacións, das que puideron beneficiarse 137 persoas usuarias das distintas entidades…