CERMI Galicia traslada as trabas que limitan o acceso á xustiza das mulleres con discapacidade

O Comité de Entidades Representantes de Personas con Discapacidad de Galicia (CERMI Galicia) traslada, con motivo do Día Internacional da Muller, as trabas que seguen atopando as mulleres con discapacidade no acceso á xustiza, que van desde as barreiras simbólicas, que impregnan o labor de todos os operadores involucrados (corpos de seguridade do estado, avogacía,…

Fundación Mutua Madrileña doa preto de 17.000€ á asociación Down Ourense

A asociación Down Ourense conseguiu converterse, a través dunha votación en www.fundacionmutua.es, nunha das catro entidades elixidas polos mutualistas da Mutua Madrileña para ser beneficiaria da recadación dos concertos organizados pola Fundación da aseguradora durante o ano 2017. Os 67.000 euros obtidos destinaranse a partes iguales a catro proxectos de entidades sen ánimo de lucro,…

Alejandro, de Down Ourense, convértese na primeira persoa con discapacidade intelectual contratada por Domino’s Pizza en España

Aos seus 25 anos, Alejandro Nieto conta cunha bagaxe laboral impoñente, xa que desde que comezou a súa andaina laboral con 20 anos, traballou en varias empresas da zona de Ourense e desempeñou diferentes tarefas en diversos postos. Actualmente, compaxina un contrato temporal como repoñedor na empresa Feuvert con outro en Domino’s Pizza (Zena Alsea).…

25 persoas de entidades Down participarán nas oposicións a uxier do Parlamento de Galicia para persoas con discapacidade intelectual

Un total de 25 persoas de tódalas entidades Down en Galicia presentaranse o vindeiro 10 de marzo ao primeiro proceso selectivo convocado polo Parlamento de Galicia para a provisión dunha praza de uxier en Réxime interino. A convocatoria, reservada para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual, ten por obxecto impulsar a inserción laboral deste colectivo.…

Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”

A Federación Down Galicia vén de actualizar a súa “Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”, na que aquelas persoas que o desexen poderán atopar información moi útil sobre as diferentes opcións existentes en Galicia en relación a estes dous ámbitos. Este documento foi creado co obxectivo…