BBVA Asset Management achega 35.000 euros a Down Ourense para o impulso da educación inclusiva

O proxecto ‘CreaDUA’ de Down Ourense foi un dos 23 proxectos recoñecidos na terceira convocatoria solidaria do fondo BBVA Futuro Sostible ISR. Estes premios, postos en marcha por BBVA Asset Management (BBVA AM) en 2019, teñen como obxectivo asignar a doazón de parte da comisión de xestión do fondo a distintos proxectos vinculados cos Obxectivos…

Down Galicia organiza unha charla para analizar a reforma lexislativa que modifica a capacidade de obrar das persoas con discapacidade

Down Galicia organizou esta tarde unha charla virtual dirixida ás persoas usuarias e familias pertencentes ás entidades membro da Federación, centrada na reforma lexislativa que modifica a capacidade de obrar das persoas con discapacidade. A principios deste mes, publicábase no Boletín Oficial do Estado a “Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma…

Down Coruña inaugura “El Quiosco de Down Experience” na Praza de Ourense da cidade herculina

A asociación Down Coruña inaugurou esta mañá “El Quiosco de Down  Experience”, un ilusionante proxecto cuxo obxectivo é a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Á inauguración do novo establecemento, situado na Praza de Ourense da cidade herculina, asistiron a alcaldesa da cidade, Inés Rey, acompañada da concelleira de …