O proxecto de educación inclusiva de Down Galicia recibe un dos Premios á Innovación Social da Fundación “La Caixa”

A Federación Down Galicia recibiu onte un dos dez Premios “La Caixa” á Innovación Social que a Fundación bancaria outorgou a entidades sociais de todo o país, recoñecendo así a importancia da educación inclusiva para o alumnado con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. “Unha escola para tod@s” foi un dos proxectos escollidos de…

Down Galicia e o Parlamento asinan un protocolo para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O acordo fixa as condicións para comezar a desenvolver actividades que promovan e fortalezan as opcións de empregabilidade…