Dúas mozas do Movemento Down Galicia poñen voz a ‘Valentina’, a protagonista da película de animación nomeada aos Premios Goya

Lucía Serén, de Down Lugo, e Pepa Lockhart, de Down Compostela, son dúas adolescentes coa síndrome de Down que acaban de converterse en actrices de dobraxe. As dúas poñerán voz a Valentina, a protagonista do filme do mesmo nome que acaba de converterse en candidata a mellor película de animación nos vindeiros Premios Goya. Todo…

Recomendacións sobre a vacina da gripe estacional para as persoas coa síndrome de Down

Ante a nova tempada da gripe estacional, desde Down Galicia queremos lembrar a vulnerabilidade das persoas coa síndrome de Down fronte á enfermidade e as súas posibles complicacións derivadas da disfuncionalidade da súa resposta inmune. Ademais, as posibles infeccións respiratorias que pode provocar a gripe, principalmente por neumococos, elevan a alerta este ano ao coincidir…

O Colexio de Avogados de Ourense incorpora ao seu equipo de traballo a unha persoa con discapacidade intelectual

Desde a pasada semana, Estefanía Lorenzo, unha moza de 28 anos con discapacidade intelectual usuaria de Down Ourense, forma parte do equipo de traballo do Colexio de Avogados da cidade. Con esta contratación, a organización ourensá aposta decididamente pola inclusión socio laboral e amosa a súa confianza nas capacidades das persoas con discapacidade intelectual e…