Recomendacións sobre a vacina da gripe estacional para as persoas coa síndrome de Down

Ante a nova tempada da gripe estacional, desde Down Galicia queremos lembrar a vulnerabilidade das persoas coa síndrome de Down fronte á enfermidade e as súas posibles complicacións derivadas da disfuncionalidade da súa resposta inmune. Ademais, as posibles infeccións respiratorias que pode provocar a gripe, principalmente por neumococos, elevan a alerta este ano ao coincidir…

O Colexio de Avogados de Ourense incorpora ao seu equipo de traballo a unha persoa con discapacidade intelectual

Desde a pasada semana, Estefanía Lorenzo, unha moza de 28 anos con discapacidade intelectual usuaria de Down Ourense, forma parte do equipo de traballo do Colexio de Avogados da cidade. Con esta contratación, a organización ourensá aposta decididamente pola inclusión socio laboral e amosa a súa confianza nas capacidades das persoas con discapacidade intelectual e…

Down Lugo colabora coa asociación Michos de Lugo no coidado e benestar das colonias felinas da cidade

Durante este pasado mes de setembro, aproveitando o reinicio das actividades tralo parón do verán, un grupo de persoas usuarias de Down Lugo realizaron labores de voluntariado coa asociación local Michos de Lugo. Desta forma, nestas últimas semanas, varios mozos e mozas da entidade realizaron distintos materiais para o descanso dos gatos das colonias da…

Máis de 140 persoas vencelladas a Down Coruña participan na carreira ENKI pola inclusión

O pasado sábado 23 de outubro tivo lugar na cidade da Coruña a Carreira solidaria ENKI, na que participaron, un ano máis, membros e amizades da asociación Down Coruña. Trala edición virtual de 2020, esta proba lúdica recuperaba este ano o seu carácter presencial e, para celebralo, máis de 140 persoas vencelladas á entidade participaron…

Down Vigo amplía a súa colaboración co Grupo Clece para que persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual realicen prácticas laborais

Down Vigo asinou esta semana sendos convenios de colaboración co Grupo Clece, para que persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais fagan prácticas laborais nas súas filiais CLECE VITAM e SAMAÍN, adicadas á xestión de residencias privadas de maiores en España; e á limpeza de centros comerciais e grandes superficies, respectivamente. O convenio…