O 80% dos mozos e mozas das entidades Down en Galicia aproban as oposicións convocadas pola Consellería de Facenda

Un total de 57 persoas pertencentes ás entidades Down en Galicia aprobaron o exame das oposicións convocadas pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia para persoas con discapacidade intelectual, o que supón un 80,3% de aprobados en relación ó total de presentados (71). Esta proba, que se celebrou o pasado 8 de abril no…

O Sergas entrega a Down Galicia as tarxetas AA, que favorecen a accesibilidade aos servizos sanitarios

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, fixo entrega esta mañá a Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, das primeiras 25 tarxetas AA (Acompañamento e Accesibilidade) para persoas coa síndrome de Down. A tarxeta AA ten como obxectivo favorecer a accesibilidade a determinados servizos sanitarios dos pacientes diagnosticados daquelas patoloxías que o Sergas considera…

O Colexio de Avogados de Ferrol amosa a súa confianza no programa de Emprego con Apoio coa contratación de Juanjo

Xuño será un mes marcado no calendario de Juanjo Castrillón. E é que no día de onte, este membro de Teima Down Ferrol, iniciou a súa andaina profesional no Colexio de Avogados da cidade ferrolá. Esta organización, con máis de 65 anos de historia, amosa así a súa confianza no programa de Emprego con Apoio…

“Risoterapia” para presentar unha nova edición do programa de prácticas formativas de Down Galicia e BBVA

A sede de Down Galicia en Santiago de Compostela foi hoxe escenario dunha xornada de sorrisos. Mozos e mozas de Down Galicia e empregados de BBVA gozaron dun taller de risoterapia no que compartiron divertidos momentos e co que se presentou unha nova edición do programa de prácticas formativas impulsado pola entidade bancaria. Este programa,…