O Sergas entrega a Down Galicia as tarxetas AA, que favorecen a accesibilidade aos servizos sanitarios

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, fixo entrega esta mañá a Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, das primeiras 25 tarxetas AA (Acompañamento e Accesibilidade) para persoas coa síndrome de Down. A tarxeta AA ten como obxectivo favorecer a accesibilidade a determinados servizos sanitarios dos pacientes diagnosticados daquelas patoloxías que o Sergas considera…

O Colexio de Avogados de Ferrol amosa a súa confianza no programa de Emprego con Apoio coa contratación de Juanjo

Xuño será un mes marcado no calendario de Juanjo Castrillón. E é que no día de onte, este membro de Teima Down Ferrol, iniciou a súa andaina profesional no Colexio de Avogados da cidade ferrolá. Esta organización, con máis de 65 anos de historia, amosa así a súa confianza no programa de Emprego con Apoio…

“Risoterapia” para presentar unha nova edición do programa de prácticas formativas de Down Galicia e BBVA

A sede de Down Galicia en Santiago de Compostela foi hoxe escenario dunha xornada de sorrisos. Mozos e mozas de Down Galicia e empregados de BBVA gozaron dun taller de risoterapia no que compartiron divertidos momentos e co que se presentou unha nova edición do programa de prácticas formativas impulsado pola entidade bancaria. Este programa,…

Down Ourense e Fundación Vodafone España presentan unha formación en TICs para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Ourense e Fundación Vodafone España presentaron en La Molinera (Ourense) “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar aos empresarios e á sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down. Nesta acción, que forma parte do programa de formación prelaboral en Novas Tecnoloxías “Yo me prep@ro”,…