Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais

Teima Down Ferrol e Down Pontevedra Xuntos asinaron nos últimos días senllos convenios de colaboración coas súas administracións locais de referencia para o desenvolvemento das súas actividades. Deste xeito, o Concello de Ferrol achegará 35.000€ a Teima co obxecto de promover a inclusión na vida adulta de aproximadamente 60 persoas usuarias que forman parte da…

Down Galicia lanza unha campaña de crowdfunding para rachar coa fenda dixital na que se atopan as súas persoas usuarias

A Federación Down Galicia acaba de lanzar unha campaña de crowdfunding co obxectivo de obter fondos para adquirir equipamento tecnolóxico co que intentar reducir a situación de fenda dixital na que se atopan moitas das súas persoas usuarias. Desta forma, a Federación busca crear un banco de recursos para o préstamo temporal de equipos, facilitando…