Fundación Inocente Inocente aposta por unha escola inclusiva e de calidade

Mediante unha achega de 15.000 euros, a Fundación Inocente Inocente colaborou durante o pasado curso escolar co proxecto de Down Galicia “Inclusión educativa de alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria 2019 de axudas a proxectos asistenciais desta fundación privada. Grazas a esta colaboración, 144 persoas coa síndrome…

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para o financiamento das actividades, programas e servizos da Federación

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social, asinaron esta semana un novo convenio de colaboración entre ambas entidades. Esta sinatura tivo lugar de forma virtual, debido á actual situación de emerxencia sanitaria pola COVID-19. Este convenio nominativo, que achegará á Federación seiscentos noventa mil seiscentos oitenta e oito…

As organizacións de loita contra a pobreza reclaman ‘Renda Mínima Si: Pon os teus prexuízos en corentena”

Centenares de organizacións de loita contra a pobreza e a exclusión de toda España, integradas nas redes autonómicas de EAPN e en EAPN España, xunto con outras organizacións e plataformas aliadas, lanzan a campaña ‘Renda Mínima Si’: Pon os teus prexuízos en corentena’ para eliminar os prexuízos asociados á implantación dunha renda mínima en xeral, como as que existen…

Preto de 180 persoas de entidades Down de Galicia traballaron en empresas da súa contorna en 2019

Un total de 177 persoas participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, estiveron contratadas en empresas ordinarias da súa contorna durante o ano 2019. Este dato constata a mellora na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, xa que o número total de persoas usuarias do…