O 100% das persoas usuarias da bolsa de emprego de Xuntos atópanse traballando ou facendo prácticas

Nos últimos tempos, a bolsa de emprego de Down Pontevedra “Xuntos” está sendo sinónimo de eficacia e é que a totalidade dos seus membros atópase nestes momentos traballando ou desfrutando dunhas prácticas laborais para mellorar as súas habilidades de cara a unha futura inserción máis estable. O ano que está a punto de rematar amosouse…

A Deputación de Ourense aposta de novo pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down na provincia ourensá

Cunha achega de 2.500€, a Deputación de Ourense apostou de novo pola colaboración co proxecto “Emprego con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Esta colaboración permitiu que un total de 22 persoas coa síndrome de Down e…

Familiares e persoas coa síndrome de Down destacan o valor da diversidade na clausura do XVIII Encontro Nacional de Familias

Familias e persoas coa síndrome de Down despediron o pasado sábado o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro Nacional de Irmáns de Persoas coa Síndrome de Down celebrado estes días en Santiago de Compostela. Coa organización dunha cea de clausura, onde se sinalaron algunhas das claves para avanzar no desenvolvemento da saúde,…