Beatriz Mato comprométese a publicar en breve a orde para acreditar a carteira de servizos das entidades Down en Galicia

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asegurou hoxe que a orde que regulará a acreditación da carteira de servizos para a promoción da autonomía persoal se publicará en breve. Esta foi unha das demandas que lle formularon esta mañá os presidentes da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e da Fundación Down Compostela, Juan…

O Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade cofinancian un proxecto de asesoramento laboral para mulleres con discapacidade intelectual

Coa axuda da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, DOWN GALICIA desenvolveu entre os meses de xaneiro e novembro de 2013  un proxecto de “información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas e/ou mellora de emprego”. O número total de beneficiarias directas deste proxecto foi dun total de…

Down Pontevedra Xuntos acomete obras de mellora no seu local

Grazas a unha achega da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Fundación ONCE e Fondos FEDER, a Asociación Down Pontevedra “Xuntos” realizou obras en partes do local no que desenvolven habitualmente actividades de carácter cultural. As obras realizadas responden a necesidades de adecuación das instalacións á normativa vixente en materia de seguridade e…