Xuntos e Acopo fomentan a responsabilidade sobre a tenencia de mascotas

A Asociación Síndrome de Down de Pontevedra “Xuntos” e a Asociación Coordinadora de Protectoras de Pontevedra, Acopo, realizaron unha xornada de sensibilización sobre a tenencia de mascotas e a responsabilidade derivada da mesma, dirixida a 25 persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Neste sentido, a presidenta de Acopo, Verónica Trillo, aconsellou unha análise…

As ONG galegas piden medidas efectivas para loitar contra a desigualdade e a exclusión social

A Rede Galega contra a Pobreza, EAPN-Galicia, aprobou, en asemblea xeral extraordinaria, un ambicioso plan de actuación no que se aposta firmemente pola defensa dos dereitos sociais, a participación, a inclusión e o empoderamento das persoas. As 125 entidades que forman parte de EAPN-Galicia consideran que son necesarios máis esforzos para lograr reducir as cifras…

Down Compostela pide ao Colexio de Avogados o seu apoio para conseguir dereitos efectivos para as persoas con discapacidade

A Fundación Down Compostela  pediu o apoio do colectivo de xuristas para conseguir “que a igualdade de dereitos teóricos das persoas coa Síndrome de Down se leve á práctica e a discapacidade non sexa motivo de discriminación legal”. A reivindicación de “dereitos efectivos para todos, non só no papel” fíxoa o presidente de Down Compostela,…