Entrega de diplomas da I Edición de Down Food

Tras seis meses de prácticas profesionais da man do chef Luis Veira, os mozos e mozas de Down Coruña acaban de recibir os seus diplomas acreditativos. A participación neste proxecto supuxo para estas persoas con discapacidade intelectual a oportunidade de recibir capacitación en técnicas de cociña no restaurante Árbore da Vieira. No acto de clausura…

A Xunta colabora con Down Galicia a favor da integración social e independencia das persoas coa síndrome de Down

A secretaria xeral de  Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down- Down Galicia, Delmiro Prieto, con motivo de revisar as actividades realizadas por dita organización en colaboración con Igualdade, a favor da integración social e independencia das persoas coa síndrome de Down. López…

Down Galicia promove un novo xeito de docencia e aprendizaxe

Down Galicia vén de clausurar a segunda edición do curso Aprendizaxe Cooperativa dirixido a profesionais docentes, de orientación e directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Consellería de Educación. Trátase dunha acción formativa homologada pola propia Consellería de Educación e que, nesta segunda edición, contou coa asistencia de 80 participantes. O obxectivo…