A Fundación Mapfre recoñece o labor de Down Galicia a prol da inclusión das persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia recibiu hoxe, nun acto presidido pola Infanta Doña Elena de Borbón, un recoñecemento da Fundación Mapfre pola súa traxectoria a prol da inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Este evento, no que tamén foron galardoadas outras entidades sociais e varias empresas galegas, serviu tamén de…

A Deputación da Coruña mantén o seu apoio á inserción laboral de persoas coa síndrome de Down na provincia

A Deputación da Coruña colaborou un ano máis con Down Galicia e as súas entidades membro nesa provincia, cunha achega económica de 11.3967,02 euros para o proxecto Emprego con Apoio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na provincia da Coruña. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse actuacións no ámbito da inserción laboral…

A Deputación da Coruña colabora na optimización dos recursos tecnolóxicos de Down Galicia

A Deputación da Coruña destinou o pasado ano 2017 unha achega de 2.363,20 euros ao proxecto de mellora e optimización dos recursos tecnolóxicos destinados á dinamización das actividades de Down Galicia e as súas entidades membro. En virtude desta achega, puideron actualizarse equipos informáticos, así como mellorar o equipamento da área de Comunicación da Federación.…

Dous mozos e unha moza de Down Compostela participan no Campionato Nacional de Baristas Fórum Café

Alex Lado, Fran Fianza y Pamela Casagrande, dous mozos e unha moza coa síndrome de Down da Fundación Down Compostela, participaron onte no Campionato Nacional de  Baristas  Forum Café que se celebrou estes días en Barcelona. Coordinado por Diego López, asesor barista de  Cafento, o equipo Cafeto realizou no Salón Hostelco da feira Alimentaria 2018,…