Jacobo Rey, mozo coa síndrome de Down, comeza a súa carreira como funcionario público

Jacobo Rey González, un mozo coa síndrome de Down de Ourense, asinou esta mañá o contrato que o converte en funcionario da Xunta de Galicia. Nunhas semanas comezará a súa andaina como ordenanza na xefatura territorial que a Consellería de Medio Rural ten na cidade de Ourense. Nun acto presidido polo Conselleiro de Facenda, Valeriano…

BBVA e Down Galicia organizan unha xornada de maxia para celebrar unha nova edición do seu programa de prácticas formativas

BBVA e Down Galicia presentaron esta mañá en Santiago de Compostela unha nova edición do programa de prácticas formativas ‘Emprego con Apoio’ cun espectáculo de maxia. A través deste programa, que consiste na realización de prácticas formativas en oficinas galegas da entidade bancaria, os participantes adquiren unha experiencia laboral que lles axudará no proceso de…

A ONU evidencia que España viola “sistematicamente” o dereito á educación das persoas con discapacidade

Nacións Unidas acaba de poñer en dúbida o sistema educativo español, ao que acusa de  segregador e do que di que viola sistematicamente o dereito á educación do alumnado con discapacidade. Nun informe publicado esta semana en Xenebra, a organización expón que “a segregación e exclusión de España dos e das estudantes con discapacidades da…

Mozos e mozas de Down Pontevedra “Xuntos” fórmanse para traballar no sector de ordenanza e administrativo

A formación laboral ten como obxectivo fundamental a capacitación dunha persoa e é unha excelente maneira de que aquelas que teñen discapacidade intelectual logren unha inclusión real no ámbito laboral ordinario. Manuel Pérez Cabo, presidente de Down Pontevedra Xuntos asegura que “a formación é un dos piares básicos na procura de emprego e un dos…