O equipo “Cafeto” gaña o I Concurso de Baristas Down Compostela

O equipo CAFETO foi o gañador do I Concurso de Baristas Down Compostela, celebrado hoxe nas instalacións do Pazo de Lestrove, organizado pola Fundación Down Compostela, Óscar de Toro, Cafento e Pousadas de Compostela, en colaboración coa Asociación de Hostalaría de Santiago. Os sete integrantes do equipo, formado por Manuel, Cristina, Jóse Manuel, Iván, Irene,…

O ciclo superior de Educación Infantil de Chapela fórmase sobre a síndrome de Down

O alumnado do IES de Chapela que cursa o Ciclo Superior de Educación Infantil participou nunha sesión de formación sobre a síndrome de Down no Centro de Promoción da Autonomía Persoal Down Vigo. As 20 persoas que participaron nesta formación xa estiveran traballando sobre a síndrome de Down, complementando os recursos formativos sobre este tema…

A Fundación San Rosendo contará na súa plantilla cunha persoa con discapacidade intelectual de Down Ourense

O director-xerente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela Varela, e a presidenta da Asociación Down Ourense, Carmen Vila Cid, asinan un convenio de colaboración co fin de promover a integración socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual. En virtude de dito convenio, unha persoa membro de Down Ourense comezará nos vindeiros días a traballar nun…

Bautizo de buceo para membros de Down Lugo

Membros da Asociación Down Lugo participaron no “Bautizo de Buceo”, unha actividade levada a cabo na piscina municipal de As Pedrerías grazas á colaboración da asociación “Á auga sen limitacións”. A sesión, que tivo unha duración de tres horas, supuxo o bautismo nesta actividade para tres dos novo participantes, mentres que os seis restantes xa…