“Animo a todas as persoas coa síndrome de Down a que se esforcen e estudien para ser independentes”

Carlos González e Tamara Carballa son dous mozos de Vigo coa síndrome de Down que o pasado xullo, tras dous anos de moito estudo, superaron con éxito os ciclos formativos de Formación Profesional Básica nos que estaban matriculados. Carlos, de 19 anos, cursou unha Formación Profesional Básica de Informática de Oficina no IES Pino Manso…

O conselleiro de Política Social entrega os diplomas ós tres membros de Down Compostela que realizaron prácticas laborais na Xunta

José Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social, entregou o pasado martes a Pamela Casagrande, Elías Ledo e Carlota Rodríguez, os tres membros da Fundación Down Compostela que realizaron prácticas formativas na Xunta de Galicia o pasado ano, os diplomas acreditativos desta experiencia. O convenio de colaboración entre Política Social e Down Compostela permitiu a…

Grupo Cimd continúa colaborando co programa de inclusión educativa de Down Galicia

Grupo Cimd da continuidade á colaboración co proxecto “Unha escola para tod @s: inclusión educativa de alumnos coa síndrome de Down” de Down Galicia cunha achega de 10.000 euros. Este proxecto beneficia a 149 alumnos e alumnas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual membros das entidades Down, escolarizados en 124 centros da Comunidade Autónoma…

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia supera o millar de accións no pasado período

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia contabilizou no pasado período 1.337 accións de orientación para un total de 369 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego, incrementado o número de persoas atendidas con respecto ao período anterior nun 3,65%. As accións desenvolvéronse entre febreiro de 2016…