Fundación “la Caixa” promove a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 25.950 euros, a Fundación “la  Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Emprego con apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria de Inserción Sociolaboral 2021, que ten por finalidade facilitar a inserción laboral e a mellora da empregabilidade das persoas máis…

A Deputación de Pontevedra colabora de novo na inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Cunha achega de 6.437,58€, a Deputación de Pontevedra quixo dar continuidade á colaboración que dende hai xa varios anos ofrece ao proxecto “Emprego Con Apoio na provincia de Pontevedra” que Down Galicia leva a cabo nesta zona. Esta aposta pola inclusión laboral permitiu que un total de 102 persoas coa síndrome de Down e outras…

Política Social apoia o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

A través dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de outubro, a Consellería de Política Social contribúe ao financiamento das actuacións que Down Galicia está a desenvolver nas súas sete entidades membro durante este ano 2021 no eido do envellecemento activo. Este acordo, que achega á Federación cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo…