Un mozo coa síndrome de Down acada a primeira praza do Parlamento de Galicia para persoas con discapacidade intelectual

Elías Ledo Vázquez, un membro de Down Compostela de 29 anos coa síndrome de Down, acaba de comprobar que todo esforzo ten a súa recompensa. Así, tras moitos meses de intenso traballo, vén de saber que conseguiu unha praza de uxier no Parlamento de Galicia. Comezou a preparar oposicións no ano 2012 e centrouse nesta…

Down Galicia e a Consellería de Educación presentan un protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Representantes da Federación Down Galicia e da Consellería de Educación presentaron esta mañá na Cidade da Cultura o Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, que ten como eixo central o dereito de todo o alumnado a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que promova as súas…

Aberto o prazo de inscrición para o Encontro 2017 Down Galicia

A Federación Down Galicia abriu o pasado día 1 de setembro o prazo de inscrición para o “Encontro 2017 de Persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, familias e profesionais”. Esta xornada ten o obxectivo de proporcionar un espazo de encontro, compartindo experiencias e coñecementos relacionados coa síndrome de Down e a discapacidade intelectual, así como para…

Percorre o Camiño de Santiago en bicicleta para apoiar a atención temperá de Down Galicia

Vivir a emoción de facer o Camiño de Santiago ten un aliciente máis co proxecto Solidarios Non Stop de BBVA Asset Management. Realizando en bicicleta as etapas do percorrido entre Roncesvalles e Compostela, os ciclistas estarán apoiando o servizo de atención temperá das entidades Down de Galicia, dirixido ao desenvolvemento de cativos entre 0 e…

Máis de 120 participantes na xornada “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva” organizada por Down Galicia

Down Galicia celebrou o pasado sábado a xornada “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva” na que participaron profesionais docentes, de orientación e directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Consellería de Educación, así como técnicos de educación das entidades Down. Trátase dunha acción formativa homologada pola propia Consellería de Educación e que…