Martiño Noriega comprométese a incluír cláusulas sociais nos contratos do Concello de Santiago

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, departiu esta mañá con algúns dos mozos que acoden habitualmente a Down Compostela durante a visita a institución que realizou á sede da Fundación, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. O alcalde coñeceu de primeira man as necesidades da Fundación e as inquietudes das persoas con trisomía…

Down Pontevedra “Xuntos” e Vodafone España presentan a segunda edición do programa “Yo me prep@ro”

Esta mañá Down Pontevedra “Xuntos” e Fundación Vodafone España presentaron no Pazo Mugartegui de Pontevedra “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar ao empresariado e a sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual. Na presentación tomaron parte representantes do tecido empresarial de Pontevedra, así como…

A Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado entrega as certificacións oficiais aos voluntarios xuvenís do proxecto de apoio á vida independente de Down Vigo

A Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, entregou onte a oito mozos e mozas de entre 18 e 30 anos a certificación oficial do proxecto de voluntariado xuvenil de apoio á vida independente realizado en Down Vigo. Trátase dun programa que facilitou aos asociados da entidade o proceso de aprendizaxe de habilidades…

33 persoas participaron o pasado ano en cursos formativos a través do Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia

Un total de 33 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, usuarias do Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia (centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia), participaron en 2015 en diversas accións formativas de xeito totalmente inclusivo. As orientadoras laborais deste servizo, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria -Dirección…

Máis dun centenar de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaron cunha oportunidade laboral en 2015

No pasado exercicio 2015, un total de 108 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participantes no programa de emprego de Down Galicia tiveron a ocasión de traballar en empresas ordinarias da súa contorna. Grazas a estas oportunidades, os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como auxiliar de oficina, peón…