O equipo “Los playeros” de Down Vigo gaña o IV Campionato de Baristas Down

O equipo Los Playeros, da Asociación Down Vigo, foi o gañador do IV Campionato de Baristas Down que se celebrou o pasado domingo na terraza do restaurante Porta Faxeira, mentres que Los Baristas Increíbles, da Fundación Down Compostela, conseguiu o segundo posto. Todos eles foron premiados cunhas prácticas laborais en establecementos hostaleiros de Santiago de Compostela e…

Premio “Mellor Proxecto TIC con beneficios sociais 2015” para Down Galicia

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia outorgaron, en colaboración coa Amtega, o Premio “Mellor Proxecto TIC con beneficios sociais 2015” a Down Galicia polo seu proxecto “Aulas interactivas para a estimulación cognitiva de alumnos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”. O galardón recoñece o carácter innovador da idea,…

Doce mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse para o IV Campionato Barista de Galicia

Seis mozos e mozas de Compostela e seis de Vigo reciben esta semana unhas xornadas de formación intensiva como baristas. Durante estes días prepararanse para a competición que terá lugar o vindeiro domingo na terraza do restaurante santiagués Porta Faxeira (Rúa do Franco, 50), onde se celebrará o IV Campionato Barista Down de Galicia. Os…

“Adaptámonos de marabilla ó noso posto de traballo”. Ángeles Sabarís e Carmen García explican a súa experiencia laboral na presentación de Juntos Somos Capaces

Preto de 20 empresas que desenvolven a súa actividade nas Rías Baixas asistiron hoxe en Sanxenxo a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre que serviu como presentación do programa “Juntos Somos Capaces”. Trátase dun proxecto para promover a inclusión laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental e que desde 2010 facilitou a…