La Caixa promove a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 28.000 euros, a Obra Social “la Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Emprego con Apoio para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na convocatoria de Inserción Sociolaboral 2014, enfocada á execución de proxectos de inserción laboral de persoas en situación de vulnerabilidade social e persoas…

Finaliza o programa de educación afectivo-sexual para persoas con discapacidade intelectual

Down Ourense vén de rematar o programa de educación afectivo-sexual para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual levado a cabo durante o último mes en colaboración co Centro Quérote+ desta cidade. No balance final desta colaboración, tanto o coordinador autonómico dos Centros Quérote+, Raúl Cadenas, como a vicepresidenta de Down Ourense, Mara Prieto,…

“Territorios Solidarios” premia o proxecto de educación inclusiva da Fundación Down Compostela

A través desta iniciativa solidaria, o BBVA concede 10.000 euros á entidade compostelá para apoiar a inclusión en centros educativos ordinarios de 42 alumnos coa síndrome de Down en 35 colexios de 30 concellos. A través deste programa finánciase parte do apoio específico e o profesorado especializado precisos para a súa adecuada formación académica. “Territorios…

Fundación Iberdrola colabora na inclusión socio-laboral das persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual

Fundación Iberdrola, a través da súa Convocatoria 2011 de Axudas Sociais, aporta 20.000€ ao “Proxecto de Emprego con Apoio” que pon en marcha Down Galicia en colaboración coas súas Entidades Membros e no que contribúe financeiramente ademais a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación ONCE. Un total de 24 persoas con discapacidade intelectual,…